Thursday 16 de May de 2024

Teatro Airiños traerá á Pobra a segunda función da mostra de teatro afeccionado


O calendario cultural da Pobra do Caramiñal prosegue nesta fin de semana coa representación da segunda das funcións do ciclo de teatro afeccionado impulsado pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Teatro Airiños subirá ás táboas do Elma no 22 de xaneiro, ás 19.00 horas, para representa–la función República sideral.

O texto da rianxeira Esther Carrodeguas alzouse co XIV Premio Barriga Verde (2020) para escritos de teatro de monicreques na modalidade para persoas adultas. Recrea a clásica farsa da cachaporra a través de personaxes de carne e óso que parodian un intento independentista da Illa de Arousa, sempre en clave humorística.

A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.